José Manuel Rey García, novo director do Museo de Pontevedra

“O Museo ten sorte, a Deputación ten sorte, e todos temos sorte porque resultou elixida unha persoa que coñece este Museo, ten experiencia e está no seu mellor momento profesional” aseguraba este sábado o vicepresidente da Deputación na presentación pública de José Manuel Rey García como novo director do Museo de Pontevedra. César Mosquera aproveitou para lembrar que cando se convocou a praza “xa anunciabamos que iamos a por todas, que buscabamos un perfil elevadísimo, con experiencia e capacidade, e con José Manuel Rey xuntámolo todo”.

O «Álbum Nós» convirte ao Museo de Pontevedra nun centro de referencia sobre Castelao

O Museo de Pontevedra viviu hoxe unha xornada histórica ao dar a benvida oficial aos 50 orixinais do «Álbum Nós» e inaugurar dúas novas salas de exposición dedicadas a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Por primeira vez reúnense de xeito permanente preto de 200 pezas orixinais que explican a traxectoria artística e política dunha figura imprescindible para a historia da Galiza, e que fan do Museo de Pontevedra un centro de referencia “insuperable”.

Suscribirse a este canal RSS