José Manuel Rey García, novo director do Museo de Pontevedra

“O Museo ten sorte, a Deputación ten sorte, e todos temos sorte porque resultou elixida unha persoa que coñece este Museo, ten experiencia e está no seu mellor momento profesional” aseguraba este sábado o vicepresidente da Deputación na presentación pública de José Manuel Rey García como novo director do Museo de Pontevedra. César Mosquera aproveitou para lembrar que cando se convocou a praza “xa anunciabamos que iamos a por todas, que buscabamos un perfil elevadísimo, con experiencia e capacidade, e con José Manuel Rey xuntámolo todo”.

O MASAT e o Museo do Mar da Guarda reabren no seu horario habitual

O Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT) e o Museo do Mar volverán abrir as súas portas a partir de mañá no seu horario habitual, tras o habitual paro de inverno. O MASAT retomará a súa actividade de martes a domingo en horario de inverno (de 11:00 h a 17:00 horas), namentres o Museo do Mar poderá visitarse as fins de semana (sábados e domingos) e días festivos, en horario de mañá (de 11:00 h a 14:00 h) e de tarde (de 16:00 h a 19:00 h).

  • Publicado en A Guarda

Cerveira, Camiña e Melgaço dinamizan o intercambio de visitas escolares a museos

O Concello de Vila Nova de Cerveira desenvolverá un protocolo de colaboración mutua coas cámaras municipais de Camiña e Melgaço  de cara a programar visitas escolares gratuítas a varios museos dos tres concellos. Con esta iniciativa, o concello de Cerveira busca que os seus escolares teñan a oportunidade de ampliar os seus horizontes culturais coñecendo aqueles espazos museológicos de referencia dos concellos veciños.

O Concello de Tomiño pon en valor o seu patrimonio cultural

A Aula Museo Antonio Fernández volveu abrir as súas portas esta no día de onte dando comezo ás visitas guiadas. A Aula estará aberta os venres de 10 h a 14 h e de 17 h a 21 h e os sábados de 10 h a 14 h. A visita poderá ser guiada ou por libre, sendo responsables das mesmas unha técnica de historia de arte que informará aos visitantes sobre a vida e obra do pintor goianés Antonio Fernández.

  • Publicado en Tomiño

Os escolares visitan o Museo da Navegación

Dende a Concellaría de Educación e en colaboración coas Concellarías de Cultura e turismo dentro do programa "Baiona Ensina" durante toda esta semana estanse a realizar numerosas actividades para todos os escolares de primaria e secundaria, encamiñadas a facer chegar aos menores a importancia da nosa historia pasada e a evolución ata a vida actual. O programa desenvólvese baixo o nome de "a Semana dos Museos en Baiona".

  • Publicado en Baiona
Suscribirse a este canal RSS