A música, protagonista en Nigrán con tres concertos do 'IV Curso de Verán SonCello'

O Concello de Nigrán ofrece ata o venres 19 de xullo tres concertos de violoncellistas que asisten no CEE de Panxón ao curso de verán da Asociación de Violoncellistas de Galicia 'Soncello'. Este curso inclúe a celebración destes concertos, levados a cabo por músicos convidados, profesores e o propio alumnado, e serán de entrada gratuíta para a veciñanza.

  • Publicado en Nigrán

Nigrán establece un novo posto de socorrismo en Panxón con cadeiras de rodas anfibias

O Concello de Nigrán instalou un novo posto de socorrismo en Panxón (cara a zona portuaria) que se suma aos dous xa existentes no inicio do Paseo, ao lado do río Muíños e na zona de Lourido, reforzándose así a vixiancia do areal máis concurrido do municipio. Neste novo punto, e co obxectivo de mellorar a calidade asistencial, realízanse agora os baños adaptados con cadeira-anfibia, xa que os usuarios e técnicos coinciden en que a auga de Panxón, con menor oleaxe que a zona de Praia América-Lourido na que se viñan realizando, é máis indicada para ofrecer o servizo.

  • Publicado en Nigrán

Aberta a inscrición para a masterclass de Deborah J. Carter, estrela do NigranJazz 2019

O NigranJazz sempre va a máis. Consolidada como unha das citas imprescindibles do jazz a nivel nacional, o festival de Nigrán terá na cantante americana e educadora vocal Deborah J. Carter, a gran estrela da edición deste 2019. A cantante protagonizará a xa tradional masterclass do festival o sábado 27 ao mediodía no Auditorio Municipal de Nigrán (a artista actuará ás 22:30 no escenario do esteiro de A Foz). Os interesados en participar deben incribirse xa no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e abonar 15 € o mesmo día da clase.

  • Publicado en Nigrán

Porto do Molle inaugura o CTBio-LAB, instalacións e servizos para empresas biotecnolóxicas

Dentro dun proxecto enmarcado no Programa INTERREG V-A España–Portugal 2014-2020, e coa presenza dos socios da Universidade de Santiago e da Associação Portuguesa de Bioindústria hoxe, o delegado do Estado na Zona Franca, David Regades e o alcalde de Nigrán, Juan González, inauguraron os laboratorios que a Zona Franca pon ao dispor das empresas do sector Biotecnolóxico de Galicia e do Norte de Portugal.

  • Publicado en Nigrán

Nigrán abre a inscrición para unha excursión ao Aquapark de Amarante

O Concello de Nigrán abre ata o 10 de xullo o prazo de inscrición para unha excursión ao Aquapark de Amarante (Portugal) o 13 de xullo, tendo preferencia os empadroados no municipio. O prezo é de 15 € para adultos e 7 € nenos de 5 a 11 anos, os menores de 5 anos van gratis. Os interesados deben anotarse na Oficina de Atención Cidadá do Concello de 9:30 a 13:30 horas. A entrada inclúe o transporte e a entrada ao recinto, está permitido levar comida da casa. A hora prevista de saída é ás 9:30 horas e a de chegada ás 22:00 horas. Non está permitido acceder con artigos de praia, envases de vidro nin cubertos de metal.

  • Publicado en Nigrán

Nigrán ultima o terceiro 'Solpor Monteferro' para darlle a benvida ao verán

O Concello de Nigrán dá a benvida a súa programación cultural do verán cun dos seus festivais xa máis señeiros no municipio, ‘Solpor Monteferro’, que se celebra o 5 e 6 de xullo neste increíble miradoiro natural, á tardiña, e coa música dalgúns dos mellores grupos da comarca. Neste enclave único terá lugar a terceira edición dende ás 19:00 horas e de xeito gratuíto cos concertos de María Yfeu e The Mirror o venres 5 e, o sábado 6, Mon Band, Gain Over e Fabulosos Weekend (grupo liderado polo actor Manuel Manquiña). Ambas xornadas rematarán con Picnic Pop DJ´s.

  • Publicado en Nigrán

Vive Nigrán pecha o seu cartel e presenta a súa programación musical por días

A terceira edición de Vive Nigrán, que se celebrará no antigo campo de fútbol de Lourido (Praia América) os próximos 19 e 20 de xullo, presenta as últimas bandas que formarán parte do seu cartel. Trátase de Isius, Yo Diablo, Uke & the Leeles, L’Emperador, Gain Over e os DJs Paul Church, Isaac Pedrouzo, Paula do Campo e Picnic Pop.

  • Publicado en Nigrán

Éxito de #SanXoanSenLixo, Praia América amence libre de desperdicios

O Concello de Nigrán celebra o éxito da súa primeira campaña municipal de concienciación ambiental #SanXoanSenLixo ao amencer Praia América-Lourido libre de desperdicios, unha imaxe sen precedentes nesta data. Así, das 20 toneladas aproximadas de lixo xenerado, máis dun 90% foi depositado polos usuarios e usuarias nos correspondentes contedores a pé de praia, echéndose por completo as illas de reciclaxe dispostas por vez primeira nas entradas.

  • Publicado en Nigrán
Suscribirse a este canal RSS