Nova quenda esta semana no programa 'Depotermal 2019'

Desde onte domingo e ata o vindeiro venres 28 de xuño, un total de 70 persoas da provincia maiores de 50 anos poderán desfrutar dunha nova edición do programa “Depotermal 2019”, organizado pola Deputación de Pontevedra. Máis polo miúdo, trátase da modalidade con pernoita na que participarán 70 persoas que virán dos concellos de Cerdedo-Cotobade, Pontevedra e Vigo. Así, aloxaranse en réxime de pensión completa, con accesos diarios aos circuítos termais, dende este domingo 23 e ata o vindeiro venres, no Hotel Balneario de Mondariz.

As Meninas dos centros educativos recadarán fondos para as mulleres con cancro de mama

A concellería de Ensino de Ponteareas agradece aos centros de ensino e colectivos que participaron na realización das 32 Meninas que serán patrocinadas por empresarios, particulares, asociacións e comercios que de xeito solidario queren aportar na loita contra o cancro de mama. Os fondos recadados destinaránse ao proxecto “Perrucas e panos solidarios” da Asociación Cancro de Mama (ASCAM) Pilar Domingo que axudarán ás mulleres a costear as perrucas e panos oncolóxicos así como a micropigmentación das zonas que a sanidade pública non cubre.

Nigrán dota de desfibriladores aos colexios públicos do municipio

O Concello de Nigrán iniciou esta semana a instalación de desfibriladores externos semiautomáticos (DESA) en tódolos colexios públicos, converténdose así nun dos municipios de Galicia e de España máis cardioprotexidos. Estes aparellos para a Escola Infantil A Galiña Azul, CEIP Carlos Casares (Vilariño), Cruz (Camos), Mallón, Humberto Juanes (Nigrán), EI As Dunas engádense aos catro adquiridos para a Policía Local e a Casa Consistorial, outros tres para os espazos deportivos (Pabillón, Condomínguez e campo de Vilariño) e ao aluguer de tres para os postos de socorrismo das praias no verán.

  • Publicado en Nigrán

A Guarda contrata a medición da concentración de Radón en 21 edificios públicos

O Concello da Guarda ven de contratar a medición da concentración de Radón en aire en 21 edificios públicos de propiedade municipal. A instalación de medidores comezará a próxima semana. O Concello da Guarda atópase xeográficamente nunha zona cunha alta concentración de substrato granítico no subsolo, e por elo que pode presentar unha alta taxa de radón, un elemento químico gaseoso e inestable no tempo, procedente da cadea de desintegración do uranio que, emite partículas radioactivas de gran enerxía e altamente ionizantes.

A Plataforma en Defensa do Pediatra recollerá sinaturas o 30 de marzo en Ponteareas

A plataforma en defensa do Pediatra en Mondariz, Mondariz Balneario e Covelo estará este sabado 30 de Marzo de 11 h a 13:30 h na Feira de Ponteareas (na esquina de Vidales Tomé) recollendo firmas para que se restableza o servicio de Pediatria nos seus concellos. Cabe salientar que o domingo pasado, na feira de Mondariz, en tan só dúas horas, recolléronse 600 firmas. O obxectivo está en chegar ás 5.000 sinaturas para envialas á Consellería de Sanidade.

Xornada de portas abertas da Piscina Mancomunada do Val Miñor

 O próximo sábado 19 de xaneiro, a Piscina Mancomunada do Val Miñor realizará unha xornada especial de portas abertas para dar a coñecer as instalacións a tódolos veciños de Val Miñor. Para este día, tal e como sinala a empresa encargada da súa xestión, "téñense preparadas moitas sorpresas e actividades especiais entre as que se inclúen master class na piscina (perfeccionamento de natación, aquagym...) ou nas salas (bike, pilates ou actividades express).

  • Publicado en Nigrán

O PSOE alerta da privatización da sanidade en Ponteareas

A secretaria xeral do Partido Socialista de Ponteareas, Chus Garrote, vén de alertar sobre a "progresiva privatización da sanidade pública mediante desmantelamento do PAC de Ponteareas". Garrote afirma que “o que se está producindo en Ponteareas é no Centro de Saúde é moi grave. O Partido Popular está recortando no máis básico e esencial, en persoal profesional e en material técnico médico, o que leva que o servizo sexa cada vez máis precario".

Nigrán inviste 5.000 euros nun parque biosaudable para Priegue

O Concello de Nigrán vén de investir 5.000 euros ao cargo do Plan Concellos 2016 para a construción do que será o primeiro parque biosaudable da parroquia de Priegue, cumplindo así coa petición realizada reiteradamente dende a Asociación de Veciños ‘A Irmandade’ de Priegue.

  • Publicado en Nigrán
Suscribirse a este canal RSS