López-Chaves visita a finalización da obra de acondicionamento do nó de Sanguiñeda

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acompañado pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o xefe territorial de Infraestruturas da delegación da Xunta en Pontevedra, José Luis Díez, o tenente alcalde mosense, Alberto Méndez, e o concelleiro de Patrimonio e Servizos, Camilo Augusto, desprazouse hoxe ata o municipio pontevedrés para visitar a finalización da obra de acondicionamento do nó de Sanguiñeda entre a N-120 e a N-550.

  • Publicado en Mos

Avanzan a bo ritmo as obras de acondicionamento e humanización do nó de Sanguiñeda

As obras de acondicionamento e humanización que se desenvolven no nó de Sanguiñeda, no Concello de Mos, entre as estradas N-120 e a N-550 avanzan a bo ritmo e, na mañá de hoxe, foron visitadas polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves; o xefe territorial de Infraestruturas e Vivenda en Pontevedra, José Luis Díez; a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Vías e Obras, Luis Alonso.

  • Publicado en Mos

Mos continua as obras de mellora o nó de Sanguiñeda

O Concello de Mos comeza o ano dando continuidade ás obras de mellora do nó de Sanguiñeda, considerada polo Concello como "unha das obras máis importantes da presente lexislatura". A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, sinalaba que “coa obra tan demandada pola veciñanza do nó de Sanguiñeda en marcha, era a mellor forma posible de comezar o novo ano 2018”.

  • Publicado en Mos

Mos amplia o parque de Sanguiñeda e incorpora a temática mariñeira

O Concello de Mos vén de iniciar esta semana os traballos de ampliación e reforma do parque de Sanguiñeda, unha das principais demandas das nais e pais mosenses, nunha das zonas infantís máis utilizadas do municipo pola súa proximidade ao Parque da Auga que se atopa no mesmo espazo. As obras, que contan cun orzamento de 56.749 euros, foron visitadas hoxe pola alcaldesa, Nidia Arévalo e o concelleiro de Parques e Xardíns, Cándido Rodríguez.

  • Publicado en Mos

Esta semana entrou en funcionamento a Zona Azul de Sanguiñeda, Mos

A Avenida de Sanguiñeda conta, dende o pasado luns 1 de agosto, con estacionamento gratuíto con horario limitado, o coñecido popularmente como Zona Azul, para un total de 32 prazas de aparcadoiro. A medida ten como obxectivo a rotación e reparto igualitario das prazas de estacionamento de vehículos do termo municipal de Mos. É por tanto necesario colocar nun lugar visible un disco horario no que figure a hora de chegada ao estacionamento.

  • Publicado en Mos

O Parque da Auga mosense será ampliado cunha achega da Xunta

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Medio Ambiente mosense, Julia Loureiro, informaron hoxe da concesión a esta administración local da subvención da segunda fase do Parque Lúdico-Didáctico da Auga en Sanguiñeda. A axuda da Xunta de Galicia con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental ascende a 32.000 euros, segundo explicaron as representantes municipais.

  • Publicado en Mos

Nidia Arévalo visita o Parque da Auga, un “reclamo incluso para outros Concellos”

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto coas concelleiras de Política Social e Cultura, Sara Cebreiro, e de Participación Cidadá e Educación, Kely Monzón, acompañaron esta mañá ós nenos e nenas participantes nunha actividade programada no Parque da Auga de Sanguiñeda, incluída na terceira quenda (que comezaba precisamente hoxe) do campamento infantil estival Mañás de Verán.

  • Publicado en Mos
Suscribirse a este canal RSS