Carmela Silva: "Queremos un modelo de provincia sostible contando con todos os concellos"

O Salón de Plenos do Pazo Provincial acolleu hoxe o acto de sinatura do proxecto de aforro e eficiencia enerxética no que a presidenta provincial, Carmela Silva, rubricou os convenios cos alcaldes, alcaldesas e representantes dos 43 concellos que se benefician do programa. O proxecto permitirá substituír 7.519 puntos de luz por luminarias LED nestes 43 concellos (unicamente se podían presentar os que teñen menos de 20.000 habitantes) e que conta cun orzamento de 4 millóns de euros

Nigrán e Aqualia entregarán a OVALMI 5.000 bolsas reutilizables para repartir entre a clientela

Concello de Nigrán e a concesionaria Aqualia entregarán a OVALMI 5.000 bolsas da compra reutilizables para que os establecementos comerciais do municipio as distribúan gratuítamente entre os seus clientes e contribuír así coa protección do medio ambiente. Estas xa foron deseñadas e encargadas a unha empresa do municipio para que estén listas antes do verán.

  • Publicado en Nigrán

O CEIP Humberto Juanes aposta polo transporte sostible con «El Juego de la Serpiente»

O CEIP Humberto Juanes de Nigrán será dende o luns 16 ao venres 27 de abril, un dos primeiros colexios de toda Galicia en acoller «El juego de la serpiente», unha campaña europea para propiciar o transporte sostible que chega ao municipio da man da Policía Local de Nigrán e a Dirección General de Tráfico (DGT). Este xogo implicará a todo o alumnado do centro e aos seus pais para animarlles a ir ao colexio camiñando, en bicicleta, en transporte público ou compartindo o coche entre varios.

  • Publicado en Nigrán

As Neves aporta polo Urbanismo Verde

O Concello das Neves vén de poñer en marcha un proxecto chamado Urbanismo Verde que ten como obxetivo aderezar, axardinar e facer da contorna urbana un lugar máis apeticible dende o punto de vista visual, natural e ecolóxico. Segundo, Oscar González, concelleiro de Benestar, Urbanismo Verde é un proceso que non ten fin, estenderase no tempo ampliando zonas e sendo conscientes da necesidade de seu mantemento.

  • Publicado en As Neves

Nigrán mellora a xestión dos Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos

O Punto Limpo de Nigrán conta, dende esta semana, cunha báscula de precisión transpaleta destinada aos RAEE (residuos de aparellos eléctricos e electrónicos) que permite por unha banda unha mellor xestión dos mesmos e, por outra, que se adapte a instalación á normativa vixente. A adhesión do Concello o pasado mes de abril ao convenio entre Xunta e FEGAMP supón esta implementación nas instalacións sen prácticamente gasto algún para as arcas municipais.

  • Publicado en Nigrán

Ponteareas participará en Madrid nas xornadas sobre a xestión dos fondos da EDUSI

Os vindeiros 3 e 4 de novembro terán lugar unhas xornadas da rede de iniciativas urbáns (RIU) en Madrid, na sede do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. Nelas trataranse as conclusións da primeira convocatoria de selección de Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible, EDUSI, na que Ponteareas, xunto a outros 82 municipios de todo o Estado, logrou 5 millóns de euros dos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Uxío Benítez: "Queremos converter Ponteareas en exemplo de mobilidade sustentable"

“Queremos converter Ponteareas nun exemplo de mobilidade sustentable”. Así de claro foi hoxe o deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, na presentación do Estudo de Mobilidade que financiará a Deputación e deseñará os criterios de actuación en materia de mobilidade que debe seguir o goberno local de Ponteareas para crear un medio máis amable para os seus veciños e veciñas. Este plan de mobilidade sustentable, de feito, marcará as directrices para investir os cinco millóns de euros de fondos europeos obtidos polo Concello no programa Edusi.

Ponteareas ante o reto da súa modernización e transformación

A consecución de cinco millóns de euros de fondos Europeos a Ponteareas para desenvolver, ata o 2020, o proxecto 'Ponteareas, habitat saudable' foi definido polo alcalde Xosé Represas, como a oportunidade "dunha transformación histórica de Ponteareas coa aplicación deste plan de desenvolvemento urbano". Represas destacou o feito de que Ponteareas estea entre as 83 propostas seleccionadas en todo o Estado, é unha das 12 no noso pais, mentres que cidades como Ourense, A Coruña ou Ferrol que tamén se presentaban, quedaron fora da selección.

Suscribirse a este canal RSS