A Deputación pecha, cun rotundo éxito, as visitas teatralizadas ao Castelo de Soutomaior

Cos últimos grupos repartidos en dúas visitas de mañá e de tarde, a Deputación de Pontevedra pechou este sábado unha nova edición das visitas teatralizadas ao Castelo de Soutomaior que este ano volveron a conseguir un completo éxito de público con máis de 300 persoas que, desde finais de abril, puideron desfrutar da historia do recinto, contada dun xeito dinámico, divertido e marcado pola innovación e o emprego das novas tecnoloxías.

As visitas teatralizadas aos castelos de Soutomaior e Sobroso, un éxito indiscutible

Os castelos de Soutomaior e do Sobroso serán escenario de visitas teatralizadas que, no caso de Soutomaior desenvolveranse os días 5, 12 e 19 de maio e para a fortaleza do Sobroso, no Concello de Mondariz, serán os días 10, 11 e 12 de maio. Do éxito da iniciativa posta en marcha pola Deputación de Pontevedra, que preside Carmela Silva, fala ben as claras o feito de que as 380 prazas dispoñibles para esta actividade, esgotáronse pouco máis de dúas horas despois de anunciarse a apertura do prazo de inscrición.

A Deputación converterá os castelos do Sobroso e Soutomaior en “destinos de excelencia”

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, deu a coñecer, esta mañá, novidades con respecto ao impulso que o goberno provincial lle está a dar aos castelos de Soutomaior e de Sobroso. En liñas xerais, o obxectivo das actuacións da institución provincial nestes espazos é o de poñelos a punto para que na primavera de 2018 “se convertan en destinos de excelencia.

A Deputación estima en preto de 100.000 euros os danos no Castelo de Soutomaior

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou hoxe o complexo do Castelo de Soutomaior acompañada polo deputado delegado de Turismo, Santos Héctor Rodríguez, e o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, con motivo da súa reapertura. O Castelo de Soutomaior volveu abrir as súas portas despois de que o persoal do Servizo de Medio Ambiente da institución provincial conseguise reparar os danos provocados por mor da climatoloxía adversa sufrida na provincia a pasada semana, durante a que se decretaron as alertas vermella e laranxa.

Suscribirse a este canal RSS