Dúa grandes pancartas no Pazo Provincial lembrarán ás mil mulleres asasinadas polo machismo

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou hoxe de que a fachada do Pazo Provincial mostrará dúas grandes pancartas cos nomes das mil mulleres asasinadas pola violencia machista desde que existen estatísticas, é dicir, desde 2003. “Instalaremos esas pancartas cos seus nomes porque non poden caer no esquecemento”, asegurou Silva, que valorou esta acción como “unha actitude activa contra a violencia machista que nos mata ás mulleres polo simple feito de ser mulleres”.

Carmela Silva abre a xornada da Escola de Igualdade condenando os novos crimes machistas

«Muller e poder», a xornada anual da Escola de Igualdade María Vinyals, abriu esta mañá as súas portas cun aforo totalmente cheo e da man da presidenta da Deputación, Carmela Silva, que comezou a súa intervención amosando a súa indignación e rexeitamento porque “hoxe levantámonos con dous casos máis de asasinatos de mulleres. No que levamos de ano xa son 15 as mulleres asasinadas, máis que semanas do 2019, e xa está ben, hai que poñerlle fin a esta terrible dor, humana e social”.

O Porriño repudia a violencia machista

Eva García, alcaldesa de O Porriño presidiu hoxe a concentración silenciosa en repulsa polo crimen machista acontecido onte en Valga. O acto celebrouse a mediodía ante a Casa Consistorial e contou coa presenza das concelleiras de Economía e Seguridade, Lourdes Moure e de Servizos Sociais e Igualdade, Soledad Girón así como outros membros da corporación local, funcionarios, traballadores municipais e veciños que se sumaron espontáneamente á convocatoria.

A campaña «AgresionOFF» da Arribada de Baiona proporcionou información a máis de 3.400 persoas

A campaña Agresión Off Eu Digo Non a Violencia Sexual desenvolvida polo Concello de Baiona durante a pasada Festa da Arribada, proporcionou información a un total de 3.440 persoas –1.933 mulleres (56 %) e 1.507 homes (44 %). Do total de persoas informadas a grande maioría, o 83%, foron menores de 30 anos, colectivo que era o principal destinatario desta campaña informativa.

  • Publicado en Baiona

Baiona presentou a campaña «Agresión OFF, eu digo non á violencia sexual»

O Concello de Baiona presentou hoxe a campaña «Agresión OFF, eu digo non a violencia sexual” nun repleto salón de actos do CPI Cova Terreña. A campaña está enmarca como unha liña de actuación da área de prevención no Pacto de Estado contra a violencia de xénero e busca sensibilizar á cidadanía, especialmente ao sector máis novo, ante a celebración inminente dunha festa de participación multitudinaria como é a Festa da Arribada.

  • Publicado en Baiona

Baiona desenvolverá unha campaña de sensibilización contra a violencia de xénero na «Arribada»

O Concello de Baiona, está inmerso na elaboración dunha campaña de sensibilización contra as agresións sexistas que poñerá en marcha durante a celebración da Festa da Arribada. Desde a área de igualdade están a manterse reunións con distintos colectivos para ultimar os preparativos da iniciativa e implicar a distintas entidades. A campaña  «AgresionOFF. Eu digo non á violencia sexual» ten como obxectivo sensibilizar á cidadanía, especialmente á mocidade, no rexeitamento cara ás manifestacións de violencia contra as mulleres, impulsando unha posición activa fronte ás condutas sexistas.

  • Publicado en Baiona

'Invisibles', a violencia de xénero a través da historia real de mulleres galegas

Redrum Producciones de Santiago de Compostela presenta este venres, 15 de febreiro, ás 21:30 h no Teatro Municipal de Tui, Invisibles, unha peza que presenta historias reais de mulleres galegas vítimas de malos tratos unidas polo fío común da violencia de xénero. Marián Bañobre dirixe o elenco formado por Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez.

  • Publicado en Tui

O 'Viogen' da Policía porriñesa actuou xa en seis casos semellantes ao de Cans

O grupo ‘Viogen’ da Policía Local do Porriño actuou o ano pasado en seis casos de violencia machista semellantes ao que se produciu hai uns días na parroquia de Cans. Este grupo, formado por tres axentes, ao mando de Daniel Rodríguez, xefe da Policía Local, é o encargado de “iniciar e completar un protocolo de actuación” que ten coma principal obxectivo “a protección da vítima”.

Suscribirse a este canal RSS