Doa Oa reivindica, en Tomiño, un mundo igualitario a través da natureza

A deputada provincial Montse Magallanes, acompañada da alcaldesa Sandra González, asistiu no Campo de Fútbol Municipal do Alivio, en Tomiño, a unha nova acción do programa da Deputación de Pontevedra 'Mulleres en acción: Violencia Zero' de loita contra as violencias machistas. A encargada de visibilizala, esta vez ao través da pintura, foi a artista Doa Oa.

  • Publicado en Tomiño

O campo do Alivio de Tomiño, escenario dunha nova acción de 'Violencia Zero'

O campo de fútbol municipal do Alivio, en Tomiño, será escenario este martes, 14 de maio, dunha nova intervención artística dentro do programa 'Mulleres en Acción. Violencia Zero', o programa da Deputación de Pontevedra cuxo obxectivo é visibilizar a loita contra as violencias machistas e enxalzar o traballo das mulleres artistas galegas. A artista Doa Oa será a encargada de realizar esta intervención artística que, baixo o título 'Reforestando', consistirá nunha intervención do espazo público 'coa única ambición de renacer espazos'.

  • Publicado en Tomiño

A acción de María Move achega a Mos a iniciativa concienciadora #ViolenciaZero

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo e a deputada de Igualdade da Deputación de Pontevedra, Isaura Abelairas, acompañaron na mañá de hoxe ao alumnado do IES de Mos no salón de actos do centro educativo durante unha acción incluída dentro da iniciativa da Deputación de Pontevedra 'Mulleres en Acción. #ViolenciaZero', un acto no que tamén participaron a avogada do CIM de Mos, Ana María Rodríguez Cabaleiro e o concelleiro de Educación, Camilo Augusto.

  • Publicado en Mos

Carmela Silva en Salceda: "As mulleres estamos fartas de minutos de silencio"

O nome de Laura Luelmo, a moza asasinada en El Campillo, foi esta mañá protagonista en Salceda de Caselas na intervención da presidenta da Deputación, Carmela Silva, que fixo unha rotunda apelación contra as violencias sobre as mulleres e un berro de profunda carraxe contra o machismo, antes da acción artística de 'Mulleres en acción. Violencia Zero'. Silva confesou que “hoxe estou enfadada, indignada, cabreada, farta, ata as narices do machismo".

"Estou convencida de que vós seredes a xeración que vai rematar coas violencias machistas"

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, expresou hoxe ao alumnado do IES do Barral de Ponteareas, o seu convencemento de que "vós seredes a xeración que vai rematar coas violencias machistas" no decurso da tercera acción artística do programa 'Mulleres en acción. Violencia Zero'. A presidenta da Deputación estaba acompañada polo acalde Xosé Represas; concelleiras e concelleiros do Grupo de Goberno e alumnado e do profesorado do centro educativo.

«Violencia Zero» enche a praza do Concello do Porriño coa actriz Mónica Caamaño

A deputada de Cohesión Social e xuventude, Digna Rivas, e a alcaldesa de Porriño, Eva García de la Torre, asistiron hoxe á vixésimo primeira intervención artística do programa «Mulleres en Acción. Violencia Zero» na Praza do Concello, unha iniciativa que ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas, así como dar a coñecer o traballo de novas artistas contemporáneas que están a traballar a prol da igualdade.

Carmela Silva invita ao alumnado da Cañiza a unha "loita conxunta contra o machismo"

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo alcalde da Cañiza, Miguel Domínguez, e a deputada de Cohesión Social, Digna Rivas, asistiu este luns á décima intervención artística do programa «Mulleres en Acción. Violencia Zero», unha iniciativa que ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas así como dar a coñecer o traballo de novas artistas contemporáneas que están a traballar a prol da igualdade.

Carmela Silva reivindica, en Ponteareas, a loita pola igualdade

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e pola deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, asistiu onte no Auditorio Reveriano Soutullo á oitava intervención artística do programa «Mulleres en Acción. Violencia Zero», da Deputación de Pontevedra. A protagonista da actuación foi Wöyza, a prestixiosa cantante vencellada ao hip hop cuxas letras nunca deixan a ninguén indiferente e cuxa voz arrancou os aplausos de todo o auditorio.

Suscribirse a este canal RSS