José Manuel Rey García, novo director do Museo de Pontevedra

“O Museo ten sorte, a Deputación ten sorte, e todos temos sorte porque resultou elixida unha persoa que coñece este Museo, ten experiencia e está no seu mellor momento profesional” aseguraba este sábado o vicepresidente da Deputación na presentación pública de José Manuel Rey García como novo director do Museo de Pontevedra. César Mosquera aproveitou para lembrar que cando se convocou a praza “xa anunciabamos que iamos a por todas, que buscabamos un perfil elevadísimo, con experiencia e capacidade, e con José Manuel Rey xuntámolo todo”.

A tradición oral de Salceda de Caselas, recollida nun libro-CD

A Praza do Concello de Salceda de Caselas acolleu, o pasado sábado, a presentación do libro-CD 'A tradición oral de Salceda de Caselas', de Xosé Ramón Paz Antón, e publicado pola Deputación de Pontevedra. No acto estiveron participaron o autor, o deputado de Cultura Xosé Leal; a concelleira de Cultura Tere Pérez e o alcalde Marcos Besada, ademáis de diferentes grupos de gaitas de Salceda de Caselas, que deron boa mostra da enorme riqueza coa que conta o municipio no que a música tradicional se refire.

Ponteareas, fin de traxecto da mostra «O imaxinario do país»

Cincuenta autores e autoras da literatura actual galega foron retratadas pola mirada singular do fotógrafo Anxo Cabada, que as reúne nunha mostra na que cada imaxe se acompaña dun texto literario da persoa fotografada baixo o título «O imaxinario do país». A mostra, que forma parte da oferta cultural do Ano da Lingua, pódese visitar no Auditorio Municipal de Ponteareas, onde permanecerá ata o 27 de decembro.

San Simón acolle o VII Obradoiro Internacional de Tradución Poética «Con barqueira e remador»

A Illa de San Simón, acollerá un ano máis o Obradoiro Internacional de Tradución Poética «Con barqueira e remador», que se desenvolverá entre o 1 e 6 de outubro. No obradoiro, promovido pola Consellería de Cultura e Educación e coordinado pola poeta e dinamizadora cultural galega Yolanda Castaño, participarán seis autores procedentes de lugares tan dispares como Galicia, o País Vasco, Portugal, Alemaña, India e Irak.

Ponteareas devolve ao mestre Groba a súa aportación á cultura galega

A Orquestra de Cámara Galega presentou hoxe no concello de Ponteareas, a sexta edición do Festival Groba que terá lugar do 18 ao 24 de agosto, un xeito de agradecer ao Mestre Groba a súa ampla aportación á cultura galega. No acto de presentación deste festival que se proclama como a cita máis relevante de divulgación da música clásica, estiveron o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas; o deputado de Cultura, Xosé Leal; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo e a cellista da OCGA, Alba Reirís acompañados de Rogelio Groba Otero, director concertino.

Ponteareas ofrece ao alumnado unha feira para orientar o seu futuro laboral

A Concellería de Ensino do Concello de Ponteareas presentou hoxe a «Iª Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas» que se desenvolve no Pavillón «Álvaro Pino» ata mañá martes día 6 de febreiro. A feira que se desenvolverá mañá martes en horario de 09:00 h a 14:00 h, foi inaugurado na mañá de hoxe polo alcalde de Ponteareas, Xosé Represas; o deputado provincial de Cultura, Xosé Leal e a concelleira de Ensino, Cristina Fernández.

O certame de relato curto de FANPA de Pontevedra ábrese á Universidade

A FANPA de Pontevedra bota a andar unha nova edición do Certame de Relato Curto que convoca en colaboración con Kalandraka Editora, e que conta co apio do concello de Pontevedra e da Deputación provincial. Ao igual que en anos anteriores, nesta convocatoria tamén se introduciu unha novidade, que nesta edición é a inclusión do alumnado universitario dos campus de Pontevedra e Vigo na categoría de adultos.

Margarita Ledo, primeira muller galardoada co «Premio Oterio Pedrayo»

A académica, cineasta e catedrática Margarita Ledo Andión vén de converterse na primeira muller á que se lle outorga o Premio Otero Pedrayo nos 40 anos de historia deste galardón. A proposta, que foi aprobada por unanimidade, foi realizada pola Deputación de Pontevedra, entidade encargada de convocar e conceder o premio na edición 2017.

Suscribirse a este canal RSS