Redacción

Redacción

URL del sitio web:

Conta atrás para 'Danzar entre Culutras' de Algazara de Celeiros

A concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, que dirixe Fernando Groba e o grupo Algazara de Celeiros presentarou unha nova edición de 'Algazara Danzando entre Culturas' que terá lugar este domingo día 21 a partir das 22:00 h no parque da Feira Vella co patrocinio do Concello Ponteareán, nesta edición como xa adiantaba Comarcas na Rede no seu momento, participarán grupos de países como EE.UU., Guinea Bissau, Martinica ou Galiza.

A Deputación inicia a obra da nova glorieta de Cristelos en Tomiño

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra iniciará esta semana as obras de construción dunha glorieta para resolver a situación de inseguranza viaria que existe na intersección de Cristelos, no punto quilométrico 3+780 da estrada provincial EP-3101 dentro do Concello de Tomiño. Ademais da construción da rotonda para regular o tráfico, instalaranse tamén elementos redutores de velocidade, delimitarase unha zona de circulación peonil e unha nova parada de autobús, e construiranse novos servizos de alumeado e drenaxe.

  • Publicado en Tomiño

A música, protagonista en Nigrán con tres concertos do 'IV Curso de Verán SonCello'

O Concello de Nigrán ofrece ata o venres 19 de xullo tres concertos de violoncellistas que asisten no CEE de Panxón ao curso de verán da Asociación de Violoncellistas de Galicia 'Soncello'. Este curso inclúe a celebración destes concertos, levados a cabo por músicos convidados, profesores e o propio alumnado, e serán de entrada gratuíta para a veciñanza.

  • Publicado en Nigrán

A Guarda despide un Encontro "inesquecible" cunha homenaxe a tripulacións e voluntarios

A participación de todo o pobo da Guarda no evento organizado pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar), as asociacións Piueiro e Instituto de Estudos Miñoranos e o Concello da Guarda foi un dos principais factores que determinou o éxito do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, unha celebración, que este ano cumpriu o seu décimo cuarta edición e que foi cualificada de "inesquecible" por tripulantes e veciños.

Suscribirse a este canal RSS