Baiona acolle mañá o concurso á mellor canción galega 'Os Bardos'

O sábado 29 de xuño ás 21:00 h na Praza do Concello de Baiona terá lugar a Gala Final do concurso de Mellor Canción Galega 2019, organizado polo Concello de Baiona para impulsar, recoñecer a creación, a diversidade, e a calidade da música feita por galegas en lingua galega. Nesta primeira edición, presentáronse un total de 17 cancións de distintos estilos musicais, sendo preseleccionadas polo xurado 10, que pasan directamente a final de onde sairán os tres primeiros premios.

Todos os concursantes defenderán a súa canción nunha gala que será presentada por Rafa Durán, actor, presentador, cómico e showman galego. Ao finalizar a Gala terá lugar a entrega dos premios consistentes en 600 euros para gañador ou gañadora máis unha actuación a caché na programación do Baiverán 2019; un premio de 400 euros para o segundo/a clasificado/a de un terceiro premio de 250 €.

As canción seleccionadas son Nome da cancion Interprete

Caverna dixital de O gato de Cheshire; Somos de David DeAlonso; Conviccion de Denis; Xota dos zapatiños de Ergutio; Osvaldo de Momboi; Nada e noso de The Mirror; A tua pegada de Lucia Doval; Foliada do Porriño do Grupo de Musica Tradicional Feixoada; Xota de Soutomaior de Airiños da Peneda e Meu pai eu teno un sono de Mari Costa.