Nigrán ultima o terceiro 'Solpor Monteferro' para darlle a benvida ao verán

Poucos festivais como este, nigún escenario máis fermoso Poucos festivais como este, nigún escenario máis fermoso

O Concello de Nigrán dá a benvida a súa programación cultural do verán cun dos seus festivais xa máis señeiros no municipio, ‘Solpor Monteferro’, que se celebra o 5 e 6 de xullo neste increíble miradoiro natural, á tardiña, e coa música dalgúns dos mellores grupos da comarca. Neste enclave único terá lugar a terceira edición dende ás 19:00 horas e de xeito gratuíto cos concertos de María Yfeu e The Mirror o venres 5 e, o sábado 6, Mon Band, Gain Over e Fabulosos Weekend (grupo liderado polo actor Manuel Manquiña). Ambas xornadas rematarán con Picnic Pop DJ´s.

‘Solpor’ congregou o ano pasado a máis de 3.000 persoas no increíble miradoiro de Monteferro, confirmándose dende a súa primeira edición nun dos festivais máis singulares da provincia e que máis expectación xenera. Organizado nun espazo protexido, o máximo respecto medioambiental reinou sempre e seguirá a ser unha prioridade para o Concello de Nigrán. Un ano máis, o obxectivo é gozar da música ao aire libre e nunha contorna privilexiada, nun palco proxectado cara ao Atlántico sobre o máis grandioso dos escenarios. Neste lugar, fronte ás Illas Estelas, entre as caricias da brisa mariña e os aromas de sal e monte, os “solpores” permiten vivir experiencias musicais aumentadas: un xeito distinto de desfrutar dun concerto, cos cinco sentidos postos na contorna e sumando ao ritmo das ondas o das mellores actuacións en vivo.

Esta sublime localización e a indubidable calidade artística dos grupos participantes – case todos eles con raigame en Nigrán- fan, sen dúbida, que a maxia do solpor tome unha nova dimensión en Monteferro.
Cervezas Alhambra, unha deliciosa oferta culinaria ampliada e, por vez primeira, un mercadillo con productos exclusivo,s completan este acontecemento único.

Venres 5 de xullo
María Yfeu ven desde Barcelona, é un talento emerxente que recorda á mellor Amy Winehouse, pronto presumiremos de que teña pasado polo mellor escenario do mundo en Solpor. Os miñoranos The Mirror nos últimos meses veñen destacando como unha gran banda de rock, funk e soul, tocando en un montón de salas con temas propios.

Sábado 6 de xullo
Gain Over (escuela de rock), fantásticos músicos que representan o gran talento local nigranés ao igual que Mondband con Mon Cancela ao fronte, estos últimos chegan con disco novo baixo o brazo e moitas ganas de presentar as súas magníficas cancións.

Los Fabulosos Weekend está considerado un conxunto musical show, que non se limita a interpretacións musicais lineais traducindo libremente ao español ou galego éxitos anglosaxóns e propios, se non que ademáis o actor e cómico Manuel Manquiña encárgase de manter a atención e facer gozar ao público coas súas ocurrencias e entrega, estando arroupado por unha sobresaínte banda, poderosa en polifonía, especialidade non habitual nos grupos pop actuais.

Mercadiño
La casa de mamá pata - Artesanía textil, bolsas, mochilas; Flying Books - Libros segunda mano; Antigüedades Rey y Coleccionismo Arte, coleccionismo y antigüedades; Bangus - Diseño Orfebrería; B_Bobo Alpargatas - Alpargatas y orfebrería; La Conservera del Surf, stand actividades náuticas y ropa deportiva; Centro de Formación Juan María.

Oferta Culinaria
Chac Mool, (Tacos y wuacamole); Bocatería Lalos, (Bocadillos calientes); Teaky Truck (Perritos Calientes); La Marineri (Creepes y pizza); Coktail & Soul (Cockteles & zumos).